En Chipre, a agrupación participou no IV Festivai Internacional de Folclore Euromediterraneo, na localidade Chipriota de Limassol, compartindo escenario con grupos de Serbia, Grecia, Jordania, Rumania e Chipre. Tratase do Festival de maior prestixio de Chipre. E tamén nesta ocasión, Queixumes dos Pinos amosou unha gran variedade ritmica musical e unha gran espectacularidade no escenario.
Ó longo dos seus quince anos de historia, Queixumes dos Pinos levou a música e a danza galegas por moitos países do mundo. Neste percorrido cabe suliñar Italia, na rexión de Friuli (Udine, Pordenone, Trieste) e na rexión de Sicilia, en Agrigento; Francia, en Issoire, Gap, Quimper; Austria, en Seeboden, Klagenfurt; Alemania, en Bitburg, en Erfurt, en Colonia; Grecia, en Kavala, en Atenas; Rumania, en Bistrita; Portugal, en prácticamente todalas grandes cidades de Portugal coma Lisboa, Porto, Braga, etc; Luxembrurgo, na republica Checa, en Praga, en Chipre en Nicosia, Pissouri, en Limasol. Ademáis de en España, en case que todalas rexións, destacando Madrid e Barcelona.
En Praga participou no VI Mezinárodní Folklorní Festival, o festival de folclore máis importante da República Checa que se desenvolve nas prazas máis importantes da cidade. Queixumes dos Pinos convertíu o centro de Praga nunha auténtica festa galega gracias á súa alegría, versatilidade e vistosidade no vestiario.
Parello á participación no festival, Milosav Vlcek presidente da cámara dos deputados da Rupública Checa, recibiu ó director de Queixumes dos Pinos, José Antonio Viñas, nun acto institucional no parlamento checo, e entregoulle un diploma que ensalza o importante traballo que a agrupación galega desenvolve no eido do folclore a nivel internacional ó longo dos últimos anos.
Portugal
Neste ano 2009, o grupo actuou varias veces no país veciño, concretamente en Matosiños, Ponte de Lima e Lisboa. A actuación máis relevante foi esta última, na que a agrupación acompañou a unha representación institucional do Instituto Ourensano de Desenvolvemento INORDE para promocionar Ourense naquelas terras. Alí participaron tamén na Máscara Ibérica, e compartiron escenario coa cantante María do Ceo.