Os compoñentes de Queixumes dos Pinos traballan, cada día, por recuperar, promover e dignificar o folclore galego. Levan adiante a súa laboura mediante ensaios, viaxes e actuacións, que fan entre gaitas, pandeiretas, refaixos e chancas. Estamos ante unha laboura feita con rigor e profesionalidade, pero na que non falta tamén un fondo sentimento de agarimo por conservar e transmitir a cultura tradicional da nosa terra.
![]() |
|---|