Queixumes dos Pinos traballa a reo co obxectivo de acadar a máxima calidade, tanto a nivel de danza coma musical. Esta evolución leva consigo seguir adiante coa laboura de investigación e de recollida das músicas e dos bailes máis tradicionais do noso país, respetando íntegramente a súa esencia. Pero tamén implica evolucionar cos tempos en canto á posta en escea, coa finalidade de que esta sexa atractiva para o público.
Queixumes dos Pinos quere promocionar o folclore como un arte con esencia e corazón, pero tamén con ledicia e espectacularidade. Saben que esta filosofía conleva a dignificación do folclore dos pobos
O GRUPO TITULAR
O grupo titular de Queixumes dos Pinos fórmano corenta e cinco compoñentes con idades que oscilan entre os 14 e os 32 anos. Deles, 7 forman o corpo musical e 38 a parte de danza. Contan, ademáis, cun grupo de dez pandereteiras e oito pandereteiros.
Ó longo dos quince anos de historia da agrupación, máis de mil alumnos aprenderon os segredos do folclore tradicional galego, e contribuiron á súa difusión por numerosos países do mundo.
![]() |
![]() |
![]() |
|
|---|
Escribenos qdp.our@terra.es

Queixumes dos Pinos naceu no ano 1994 en A Derrasa (Pereiro de Aguiar) co obxectivo de recoller, difundir e impulsar o folclore popular galego. Ó longo destes quince anos de traxectoria, a agrupación amosou os seus espectáculos, de gran riqueza musical, por moitos países do mundo, convertíndose así en auténticos embaixadores da tradición cultural do noso país.
Na actualidade, o grupo conta cunha escola de danza formada por seiscentos alumnos de diferentes idades e niveis, distribuídos en numerosos grupos repartidos por diversos centros de Ourense e a súa provincia. O grupo principal fórmano corenta e cinco compoñentes, entre músicos, bailaríns e vocalistas
Polo Mundo:Queixumes dos Pinos leva quince anos traballando a reo para levar a música e a danza coreográfica galega por moitos países do mundo. Unha rigorosa laboura de investigación para recuperar as pezas, e unha posta en escena espectácular fan da agrupación todo un referente cultural.
A agrupación conta cunha escola de música e de danza ubicada no barrio do Couto de Ourense (rúa Zurbarán, nº 25, baixo). Nesta escola central estudan 150 alumnos, e perto de 450 desenvolven os seus estudos nos diferentes centros, asociacións e concellos nos que o grupo imparte clases.