Son moitos os premios nacionais e internacionais recibidos polo grupo


(Premio “Nicholas Green” en Agrigento, Premio do Festival de Issoire…). Así mesmo, o colectivo promove importantes iniciativas culturais, entre as que destacan o espectáculo “O retorno do emigrante”, e tamén o “Festival Internacional de Folklore Xuvenil Queixumes dos Pinos”, que convoca cada ano a numerosos grupos de España e do extranxeiro e que reuniu, nas últimas edicións, a máis de mil cincocentos participantes.

Os compoñentes de Queixumes dos Pinos deben compartir moitas horas de desplazamentos e numerosas actuacións. Por iso, un dos aspectos que máis coidan é o da convivencia, por estar os integrantes do grupo nunha etapa moi importante da súa formación, non só académica, senón tamén, e sobre todo, humana.

A agrupación ten moi claro que a cultura debe integrar e ser beneficiosa para todos. Os seus compoñentes traballan cada día para conseguir que esta idea sexa unha realidade.

logo

Quen somos

Queixumes dos Pinos naceu no ano 1994 en A Derrasa (Pereiro de Aguiar) co obxectivo  de recoller, difundir e impulsar o folclore popular galego. Ó longo destes quince anos de traxectoria, a agrupación amosou os seus espectáculos, de gran riqueza musical, por moitos países do mundo, convertíndose así en auténticos embaixadores da tradición cultural do noso país.

Na actualidade, o grupo conta cunha escola de danza formada por seiscentos alumnos de diferentes idades e niveis, distribuídos en numerosos grupos repartidos por diversos centros de Ourense e a súa provincia. O grupo principal fórmano corenta e cinco compoñentes, entre músicos, bailaríns e vocalistas.

 

Ampla variedade de instrumentos e de ritmos musicais

 

As súas actuacións enriquécense coa presenza dunha ampla variedade de instrumentos musicais, como a gaita, a pandeireta, o bombo, o tambor e o acordeón, sen esquencer os cantos tradicionais, interpretados polos cantareiros e cantareiras da agrupación. O repertorio de Queixumes dos Pinos inclúe unha gran variedade de ritmos, dende muiñeiras, pasodobres, xotas e rumbas, entre outros.

A agrupación desenvolve tamén unha importante laboura de investigación, recollendo pezas musicais e coreografías autóctonas por todo o territorio galego. Trátase duns espectáculos de gran vistosidade que representan en todas e cada unha das súas actuacións e que se convirten, así, en fiel representación da nosa cultura tradicional.